As charlas desta tarde do proxecto MYFISH, retransmitidas en directo por Campus do Mar TV

24/04/2012
myfish2

Esta tarde, Campus do Mar emite en directo a través do seu webTV (http://tv.campusdomar.es) a sesión de conferencias encadradas na reunión de lanzamento do proxecto MYFISH no que participan 31 institucións de toda Europa e que estuda a xestión sostible das pesqueiras.

A retransmisión, que comezará ás 14:30, recollerá durante 4 horas as opinións de diversos expertos mundiais, que achegarán o seu punto de vista nos diferentes aspectos relacionados coa pesca sostible.

O programa de relatorios é o seguinte:

14.30 Introduction to workshop defining MSY variants, constraints and management measures - Anna Rindorf

14.40 What does MSY mean, where does it come from and can it work in practice? - Sidney Holt

15.10 MSY when the catch of one fish affects that of another – Anna Rindorf, DTU Aqua

15.30 MSY from an Ecosystem perspective – Louize Hill, WWF

15.50 Good Environmental Status as we aim for MSY – Dave Reid, MI

16.10 Maximising economic yield in fisheries – Raul Prellezo, AZTI

17.00 MSY in a societal perspective – Ellen Hoefnagel, DLO

17.20 Desirable targets and constraints from an industry perspective - Christian Olesen

17.40 Bmsy management – Pamela Mace, New Zealand Ministry of Fisheries