Curso de Planificación de Espazos Naturais Litorais

4/06/2012

No marco do Campus do Mar, a Vicerreitoría  de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo organiza o curso de Planificación de Espazos Naturais Litorais dirixido por Gonzalo Méndez e Adolfo Cordero que se celebrará entre o 19 e o 21 de xullo no Parque Natural de Corrubedo, Lagoas de Carregal e Vixán, Ribeira. Ademais dos tres días presenciais, contémplanse 10 horas de traballo online. O prazo de matrícula para este curso remata o 30 de xuño de 2012.

Obxectivos

-Proporcionar unha formación aplicada sobre a planificación de espazos naturais litorais.
- Conformar unha visión holística das compoñentes ambientais e integradora da problemática litoral.
- Analizar a aplicabilidade da Xestión Integral de Zonas Costeiras na planificación de espazos naturais.
- Comprender a importancia da conservación e mantemento do patrimonio natural como instrumento de desenvolvemento sostible.
- Analizar o marco normativo da planificación de espazos naturais litorais.- Aproximación ao caso concreto do Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

 

 

 

Programa

 

XOVES 19 DE XULLO
10:00 a 10:30 Entrega de material, inauguración e presentación.Autoridades académicas e locais.
10:30 a 11:00 A importancia da planificación dos espazos naturais litorais.Gonzalo Méndez Martínez, Universidade de Vigo.
11:00 a 12:00 Bases ecolóxicas da planificación de espazos naturais protexidosAdolfo Cordero Rivera, Universidade de Vigo.
12:00 a 13:00 Aspectos metodolóxicos de ordenación e xestión de espazos naturais costeiros.  María Fátima Lopes Alves, Universidade de Aveiro.
13:00 a 14:00 A Estratexia Mariña Europea e a planificación litoral.Juan Bellas Bereijo, Instituto Español de Oceanografía.
14:00 a 16:00 Comida
16:00 a 17:00 A práctica da xestión de espazos naturais. Un exemplo: o parque natural de CorrubedoÁfrica Núñez Jiménez, Directora do Parque Natural.
17:00 a 20:00 Sesión de campo (1). Miguel Ángel Nombela Castaño, Universidade de Vigo.Mariano Lastra Valdor, Universidade de Vigo.

 

VENRES 20 DE XULLO
10:00 a 11:00 Marco normativo da planificación de espazos naturais litorais. Francisco Javier Sanz Larruga, Universidade da Coruña.
11:00 a 12:00 A compoñente social na planificación de espazos naturais litorais. Antonio García Allut, Universidade da Coruña.
12:00 a 14:00 Utilización das novas tecnoloxías na xestión das areas mariñas protexidas. Enrique Alonso García, Conselleiro de Estado.
14:00 a 16:00 Comida
16:00 a 17:00 Dinámica das lagoas litoraisRicardo Prego Reboredo, IIM-CSIC.
17:00 a 20:00 Sesión de campo (2). Ignacio Munilla Rumbao, Universidade de Santiago.José María Sánchez Fernández, Universidade de Vigo.

 

SÁBADO 21 DE XULLO
10:00 a 14:00 Sesión de traballo 1. María Fátima Lopes Alves, Gonzalo Méndez Martínez e Miguel Ángel Nombela Castaño.

 

LUNS 23 DE XULLO A VENRES 27 DE XULLO
Sesión de traballo 2. (online) *María Fátima Lopes Alves, Gonzalo Méndez Martínez e Miguel Ángel Nombela Castaño.

 

 

 

 

 

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.