Comisión executiva de Investigación
Responsable da posta en marcha dos 4 clusters de I D, das novas liñas emerxentes de investigación e do CEDAMA (Centro de Datos do Mar)
Subdívidese á súa vez en 4 grupos de traballo:
- Grupo de traballo do Cluster de Observación do Océano e Cambio Global
- Grupo de traballo do Cluster de Uso Sostible de Recursos Mariños
- Grupo de traballo do Cluster de Xestión Integral da Zona Costeira
- Grupo de traballo do Cluster de Modernización Tecnolóxica e Competitividade
Comisión executiva de Transferencia
Encargada de todo o relacionado coa Transferencia de Tecnoloxía e Resultados de Investigación, do fomento da cultura emprendedora e das prácticas profesionais.
Comisión executiva de Internacionalización
A proxección exterior do Campus do Mar, así como os programas de acollida e mobilidade dependen desta área.
Comisión executiva de Docencia e Captación de Talento
Responsabilízase da selección de científicos e tecnólogos que poidan apoiar as accións estratéxicas do Campus. A Escola Internacional de Posgrao tamén está asignada a esta área.
Comisión executiva de Proxección Social e Cultura Científica
Dela dependen todas as accións transversais destinadas a conectar Campus do Mar coa contorna social e achegar as Ciencias e Tecnoloxías Mariñas ao conxunto da sociedade.
>> Membros das Comisións Executivas
Unidade de Xestión
Faise cargo das tarefas administrativas normais, talles como os aspectos
financeiros do proxecto, de recursos humanos e de servizos, pero tamén con responsabilidades en actividades transversais que afectan a todas as áreas e ao proxecto no seu conxunto.
