Comezan as “Xornadas de Achegamento á Cidadanía” da man do CIM-UVigo e do Campus do Mar.

28/11/2017
p_101658552

Co fin fomentar na sociedade o interese polas ciencias mariñas e amosar a importante labor investigadora mariña que se leva a cabo na Universidade de Vigo, o  Centro de Investigacións Mariñas (CIM-UVigo), e o CEI Campus do Mar, celebran os días 29 e 30 de novembro en horario de mañá unhas “Xornadas de Achegamento á Cidadanía” na Facultade de Ciencias.

Nas Xornadas participará alumnado dos cursos de E.S.O. de diferentes puntos da xeografía galega, que terán que completar correctamente unha xincana científica composta por 5 obradoiros relacionados con diversos eidos da oceanografía no menor tempo posible.

Trátase dunha actividade que sen dúbida motivará e incentivará ás persoas participantes a valorar o medio mariño, ademais de transferir o coñecemento científico desenvolvido á sociedade.