II Xornadas de difusión de investigación e seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

xornadas_difusion_illas_atlanticas

Entre os obxectivos cos que se declara un Parque Nacional atópase o de fomentar o coñecemento dos seus valores e contribuír ao fomento da investigación científica. No caso do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia estase a levar a cabo un importante esforzo investigador e de seguimento dos distintos valores naturais do Parque.

Este incremento do coñecemento producido polo nivel de estudo que se concentra no Parque ten que ir asociado coa difusión dos resultados obtidos e a transmisión do coñecemento dirixida ás persoas con relación profesional e vocacional co medio ambiente, e tamén co público en xeral.

Por segundo ano consecutivo, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través do Parque Nacional, quere difundir o resultado das actuacións e proxectos que nos axudan a acadar cada día un coñecemento máis completo da súa contorna. Para iso organízanse as II xornadas de difusión da investigación e seguimento no Parque Nacional M-T das Illas Atlánticas de Galicia, destinadas a profesionais do medio ambiente, investigadores, estudantes e a todas as persoas interesadas.

DATAS: 12 e 13 de marzo de 2014.

LUGAR DE REALIZACIÓN:
Centro de Visitantes do Parque Nacional M-T das Illas Atlánticas de Galicia.
Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. 36202 Vigo. Pontevedra.
Tfno: 886218090

NÚMERO DE PRAZAS: 70

COORDINADORES: Vicente Piorno e Mercedes Olmedo

OBXECTIVOS DAS XORNADAS

  • Dar a coñecer a profesionais relacionados co medio ambiente e ao público en xeral a actividade de investigación e seguimento no Parque Nacional.
  • Difundir a importancia de mellora do coñecemento do medio natural e o enorme interese dos Parques Nacionais como focos de coñecemento e experiencias extrapolables a outros entornos.
  • Establecer unha dinámica de transmisión do coñecemento desde os focos de produción ata os profesionais e o gran público