Acta da Comisión de Valoración da 1ª Edición do Concurso de Preincubadoras de EBTs do Campus do Mar

En sesión celebrada o 27 de maio de 2014 a Comisión de Valoración da 1ª Edición do Concurso de Preincubadoras de EBTs do Campus do Mar 2014 cuia composición indicase a continuación:

  • Luís Fernández: Director da Área de Transferencia de Tecnoloxía e Resultados de Investigación do Campus do Mar
  • Ángeles López: Directora da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade de Vigo
  • Mª Pilar Pintor: Directora da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade da Coruña
  • Guillermo Viña: Xerente de Igape Nova- Instituto Galego de Promoción Económica
  • José Luís Villaverde: Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela
  • Javier Garrido: Por delegación do Director Técnico do Consello Social da Universidade da Coruña
  • María Teresa Vilar: Por delegación da  Directora de Xestión de Chan do Consorcio Zona Franca de Vigo.

E de acordo coas bases reguladoras da 1ª Edición do “Concurso de Preincubadoras de EBTs Campus do Mar”, destinadas a estudantes, titulados ou persoal (PAS ou PDI) dalgunha das tres Universidades integradas no Campus do Mar, unha vez concluídas as presentacións dos proxectos finalistas e realizadas as entrevistas aos coordinadores pola Comisión de Valoración, dita Comisión adoptou os seguintes

ACORDOS

  1. Conceder os premios da 1ª Edición do “Concurso de Preincubadoras de EBTs Campus do Mar” , aos seguintes proxectos finalistas e coa seguinte asignación de espazos:
PROXECTO:

CHEMANTEC

Coordinador:

Ana Isabel Rodríguez Bernaldo de Quirós

Espacio Asignado:

USC

PROXECTO:

CELTALGA EXTRACT

Coordinador:

Jorge Sineiro

Espacio Asignado:

USC

PROXECTO:

WatchSENSE

Coordinador:

Ignacio Alborés

Espacio Asignado:

UDC

PROXECTO:

QualDIMUS

Coordinador:

Andrea Landeira Dabarca

Espacio Asignado:

UVIGO

  1. Facer público o presente acordo e notificarllo aos premiados que de acordo co establecido nas bases do concurso, deberán formalizar a súa incorporación ao correspondente viveiro de empresas no prazo máximo dun mes.