Xornada: Bo uso e mal uso do mar

25 de novembro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e Casa das Campás
Pontevedra

A facultade de Ciencias de Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, a sección Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e o Campus do Mar organizan a xornada “Bo uso e mal uso do Mar”, que pretende realizar un primeiro achegamento á toma de conciencia da importancia dos océanos para a vida na Terra e da interrelación entre estes e os seres humanos.

No caso de Galicia, os seus case 1.500 km de costa falan por si mesmos da súa relevancia. Neste sentido, é urxente que o futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria desenvolva competencias científicas, neste eido, destinadas a ensinar competencias básicas ao alumnado destes niveis encamiñadas á acción a favor da sostibilidade dos océanos.

As Xornadas abordarán diversos aspectos referentes aos usos do mar, mediante conferencias e obradoiros prácticos, tales como:

  • Que significa a sostibilidade dos océanos nunha situación de cambio global?
  • Cales son os problemas de contaminación das Rías galegas?
  • Como se pode realizar unha intervención educativa nas aulas a favor da sostibilidade dos océanos?

PROGRAMA

Sesión de mañá – Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

9:45 Inauguración das Xornadas. Salón de Graos
I Dr. Juan Manuel Corbacho, Vicerreitor do campus de Pontevedra
I Dra. Francisca Fariña, Decana da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
I Dr. Francisco Díaz-Fierros, Coordinador da sección Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega
I Dr. Emilio Fernández Suárez, Director do Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar
I Dra. María M. Álvarez Lires. Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais. Universidade de Vigo. Membro da Sección Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Coordinadora da Xornada

10:00 h Conferencia: Educar para unha sociedade máis azul. Salón de Graos 
I Dra. Raquel Costa, coordinadora do kit educativo do Mar da Missâo para a Extensâo da Plataforma Continental Portuguesa

10:45. Actividades: Integración da Ocean Literacy nas aulas de Educación Infantil e Primaria Aulas 1 e 7
I Dr. Diogo Geraldes
I Dra. Raquel Costa

11:30 h Conferencia: A natureza fai e o ser humano desfai: o caso das Rías galegas Aula 1
I Dr. Ricardo Beiras García-Sabell, catedrático de Ecoloxía. Universidade de Vigo

12:15-14:00 h Obradoiros: Mergúllate no Océano – Campus do Mar Zona de laboratorios da Facultade

Sesión de tarde – Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Casa das Campás

17:00. Conferencia: Percorrido pola outra crise: cambio global e sostibilidade dos océanos
I Dr. Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo e director do Campus do Mar

18:00. Conclusións
I Dra. María M. Álvarez Lires, profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais. Universidade de Vigo. Coordinadora da Xornada

Clausura
I Dr. Juan Manuel Corbacho, Vicerreitor do campus de Pontevedra
I Dra. Francisca Fariña, Decana da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
I Dr. Francisco Díaz-Fierros, Coordinador da sección Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega
I Dr. Emilio Fernández Suárez, Director do Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar

banner_bouso