A escola internacional de posgrao é un elemento crave para reorganizar, estender e asentar a actual oferta de estudos de máster e doutoramento no ámbito mariño e aumentar o grao de internacionalización dos estudos, sendo este programa un instrumento esencial para a conversión do campus do mar en campus de excelencia internacional.
Obxectivo
- Aumentar o número de estudantes estranxeiros nos
Programas de posgrao e doutoramento. - Aumentar o número de teses codirixidas por investigadores de organismos da agregación.
- Aumentar o número de teses doutorais da agrupación de investigación.
- Aumentar o número de programas docentes conxuntos con universidades estranxeiras.
- Conseguir que todos os programas de doutoramento obteñan o selo de excelencia.
- Promover o intercambio de estudantes, docentes
E traballadores con universidades nacionais e
Internacionais. - Establecer a escola como referente formativo de ámbito empresarial.
- Potenciar a visibilidade internacional do campus do mar.
Plan de acción
- Realización de accións preparatorias para a creación da escola
- Adecuación de infraestruturas existentes
- Creación dun equipo de dirección
- Creación dunha comisión de docencia
- Organización de xornadas e congresos
- Creación dun equipo técnico
- Implantación dun sistema de garantía interno de calidade
- Integración co programa de captación de talento
- Desenvolvemento dun plan de oferta docente e académica
- Elaboración dun plan de comunicación
- Creación dun programa de incentivo á mobilidade de estudantes
- Creación dun programa de axudas para estudantes estranxeiros
