Axudas á mobilidade de doutores da Fundación Triptolemos

11/11/2016

A Fundación Triptolemos convocou unhas axudas de mobilidade destinadas a doutores para a realización de estadías dun mínimo de 10 días. Están dirixidas a doutores (que teñan lido a súa tese de doutoramento nos últimos seis anos), cuxo ámbito de traballo sexa agroalimentario (Produción primaria: agricultura, gandería e pesca) e tecnoloxías avanzadas da produción alimentaria; Transformación alimentaria; Nutrición e saúde; e Restauración, Gastronomía e Turismo Gastronómico e Enolóxico) e que teñan como destino Universidades ou empresas vinculadas aos Campus de Excelencia Internacional.

O periodo de solicitude abarca desde o 26 de outubro ao 12 de decembro de 2016.

Documentos da convocatoria