EMPREAMAR promove desde Moaña a creación de iniciativas de emprendemento vencelladas ao mar

30/01/2017
diapo_inicial_empreamar

O pasado venres Moaña acolleu a presentación do programa EMPREAMAR, un proxecto desenvolvido conxuntamente polo Concello de Moaña e o Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar e financiado a través da convocatoria do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro GALP Ría de Vigo A Guarda, promovidos pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

O obxectivo desta acción é incentivar e promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais que aproveiten de xeito sustentable a grande cantidade de recursos que ofrece o mar para xerar valor económico e social no ámbito territorial do Concello de Moaña.

No acto  estiveron presentes a Alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, a Concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Moaña, María Ortega, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Coral Ríos, así como o director do Campus do Mar, Emilio Fernández e a coordinadora da área de Transferencia, Cristina Quelle.

O prazo de inscrición está xa aberto na web http://campusdomar.es/gl/empreamar/

Empreamar moaña Campus do Mar