Géraldine Fauville da as claves de como achegar a investigación oceánica ás aulas

21/04/2017
img_2816

A investigadora da Universidade de Gothemburg Geraldine Fauville participou onte nas actividades da Semana da Creatividade e a Innovación que organiza a vicerreitoría do Campus de Pontevedra impartindo a conferencia “Como levar a ciencia oceánica ás aulas?”, un relatorio no que puxo de relevo que a “crecente modificación, destrución e contaminación” do medio mariño supón unha ameaza para a especie humana. “O medio mariño achega preto do 50% do osíxeno que respiramos”, apuntou Fauville, quen lembrou que pese a súa importancia, “os océanos están amosando significativos signos de cambio como resultado das actividades humanas”, como o aumento das súas temperaturas derivado do quencementos global. De aí que salientase a necesidade de que a cidadanía “entenda a influencia do océano” nas súas vidas, un eido no que as escolas poden xogar un “papel esencial”, motivo polo que o eixo da súa charla foi precisamente amosar unha serie de exemplos de recursos educativos que contribúan a “alfabetización” neste campo.