Campus do Mar ofrece un obradoiro de emprendemento e innovación impartido por ISIS Innovation

7/05/2013
DSC_5513

O Obradoiro de Emprendemento e Innovación é unha iniciativa do Programa de Emprendemento do Campus do Mar –EMPRENDEMAR-, coorganizada polo Campus do Mar, o Consello Social da Universidade da Coruña e a Fundación Universidade da Coruña, en colaboración coa Asociación Gallega da Empresa Familiar e a Fundación Ronsel. Nel introdúcense modelos e estratexias para a creación de contornas favorables á innovación mediante unha combinación de habilidades, coñecemento e comprensión das diferentes fases da formación empresarial para a transferencia de tecnoloxía e a comercialización efectiva dos resultados de investigación. Trátase dunha formación de carácter práctico, baseada na aprendizaxe activa e participativa, con intercambio de experiencias entre participantes e consultores e análises de diversos casos de estudo do ámbito da enxeñaría e a biotecnoloxía mariña. O obradoiro será impartido en inglés por expertos de recoñecido prestixio internacional vinculados a ISIS INNOVATION Limited, a empresa de transferencia da Universidade de Oxford.

Os obxectivos do obradoiro céntranse en proporcionar formación práctica para promover e consolidar a adquisición das competencias profesionais necesarias para configurar un proxecto empresarial, a posta no mercado de resultados científico-tecnolóxicos e á transferencia de tecnoloxía en xeral.

O obradoiro desenvolverase en dúas modalidades: presencial e streaming (emisión web en tempo real), con posibilidade de participación vía canle chat. Os destinatarios do mesmo son o persoal docente e investigador, xestores, tecnólogos e outros profesionais relacionados coa transferencia de tecnoloxía e resultados de investigación dos organismos que forman parte da agrupación de I+D do Campus do Mar e os estudantes universitarios, de calquera nacionalidade, que actualmente estean cursando estudos de Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao ou Posgrao (Máster ou Doutoramento), impartidos por calquera das universidades de Galicia.

A participación no obradoiro estará limitada a un máximo de 55 participantes (15 presenciais y 40 streaming), que serán admitidos por rigorosa orde de inscrición. O importe da matrícula é de 50€ para os participantes da modalidade presencial e 20€ para os participantes vía streaming.

O obradoiro terá lugar no Salón de Graos de la Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Vigo, os días 10 e 11 de xuño de 2013 de 09:00 a 17:30 e de 09:30 a 17:30 respectivamente, cunha duración de 16 horas lectivas.

A inscrición e matrícula comezarán o 13 de maio de 2013 ás 10:00 horas, na páxina web do Campus do Mar http://campusdomar.es/transferencia/taller-emprendimiento/.

Contacto: Área de Transferencia de Tecnoloxía e Resultados de Investigación, Campus do Mar, Plza. Miralles, Local A7, Campus Universitario – 36310 VIGO, TEL +34 986 130037 / +34 986 130041, Email: gestion.transferencia2@campusdomar.es