I Xornadas de difusión de investigación e seguimento no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Xornadas  para difundir o resultado das actuacións e proxectos que nos axudan a alcanzar cada día un coñecemento máis completo do entorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia aproveitando a recente inauguración do novo centro de visitantes, e rematando a celebración do décimo aniversario da declaración do Parque Nacional.

Data: Martes 26 e mércores 27 de febreiro de 2013.

Lugar de realización:

Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Edificio Cambón, rúa Oliva, 3 36202 Vigo.

Número de prazas: 70

Coordinadora: Mercedes Olmedo. IEO–PNIAG

Obxectivos das xornadas:

• Dar a coñecer a profesionais relacionados co medio ambiente e ao público en xeral a actividade de investigación e seguimento no Parque Nacional.

• Difundir a importancia de mellora do coñecemento do medio natural e o enorme interese dos Parques Nacionais como focos de coñecemento e experiencias extrapolables a outros entornos.

• Establecer unha dinámica de trasmisión do coñecemento desde os focos de produción ata os profesionais e o gran público.

Programa:

Martes 26 de febreiro

Mañá

09:30-10::00 Presentación das Xornadas. Director Xeral de Con servación da Natureza Ricardo García-Borregón Millán. Director Conservador PNMTIAG José Antonio Fernández Bouzas

10:00-11:00 A paisaxe cultural do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Estudo arqueolóxico, etnográfico e de vulnerabilidade do patrimonio. Paula Ballesteros (INCIPIT-CSIC).

11:00-12:00 Os Liques e as súas aplicacións en diferentes disciplinas educativas e científicas. María Sánchez.

12:30-13:30 Xestión Pesqueira, sustentabilidade e conservación da biodiversidade no arquipélago das illas Cíes no PNMTIAG. Rosana Ouréns Chans (USC)

Tarde

16:00-17:00 Seguimento dos hábitats costeiros-terrestres do Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia. Carmen Cillero (IBADER-USC)

17:00-18:00 Hábitats de preferencia para a posta e o alevinaxe de cefalópodos de importancia comercial nos dous Parques Nacionais marítimo Terrestres: Illas Atlánticas de Galica e Cabrera. Ángel Guerra (IIM-CSIC)

Mércores 27 de febreiro

Mañá

10:00-11:00 Comparación da dieta da lontra (Lutra lutra) e do visón americano (Neovisovison) na Illa de Sálvora. Rafael Romero

11:00-12:00 Influencia da colonia de gaivota patiamarela (Larus michaelis) sobre a dinámica espacio-temporal de nutrintes e elementos traza en chans e augas do Parque Nacional da Illas Atlánticas. Xosé Luis Otero (USC)

12:30-13:30 A colonización da pardela cincenta: unha nova especie quere establecerse no PN. Ignacio Munilla (USC)

Tarde

16:00-17:00 Os ambientes sedimentarios no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Irene Alejo (UVIGO)

17:00-18:00 Estudo da biodiversidade do medio mariño e control e planificación