Áreas de traballo

Comisión executiva de Investigación

Responsable da posta en marcha dos 4 clusters de I D, das novas liñas emerxentes de investigación e do CEDAMA (Centro de Datos do Mar)

Subdívidese á súa vez en 4 grupos de traballo:

Comisión executiva de Transferencia

Encargada de todo o relacionado coa Transferencia de Tecnoloxía e Resultados de Investigación, do fomento da cultura emprendedora e das prácticas profesionais.

Comisión executiva de Internacionalización

A proxección exterior do Campus do Mar, así como os programas de acollida e mobilidade dependen desta área.

Comisión executiva de Docencia e Captación de Talento

Responsabilízase da selección de científicos e tecnólogos que poidan apoiar as accións estratéxicas do Campus. A Escola Internacional de Posgrao tamén está asignada a esta área.

Comisión executiva de Proxección Social e Cultura Científica

Dela dependen todas as accións transversais destinadas a conectar Campus do Mar coa contorna social e achegar as Ciencias e Tecnoloxías Mariñas ao conxunto da sociedade.

>> Membros das Comisións Executivas

Unidade de Xestión

Faise cargo das tarefas administrativas normais, talles como os aspectos
financeiros do proxecto, de recursos humanos e de servizos, pero tamén con responsabilidades en actividades transversais que afectan a todas as áreas e ao proxecto no seu conxunto.