estudia_grande

Estuda en Campus do Mar

Campus do Mar pretende ser un dos axentes dinamizadores do crecemento e desenvolvemento da sociedade formando a profesionais de alto nivel, cunhas elevadas cotas de produtividade e competitividade. Os centros que imparten docencia neste Campus de Excelencia Internacional do ámbito mariño realizan continuos esforzos para mellorar a súa oferta e actividade docente, facendo fincapé en aspectos básicos como as infraestruturas e os equipamentos e os servizos de xestión académica.

Actualmente, nas sete universidades que conforman Campus do Mar ofrécense un total de 277 graos, 578 másteres e 229 doutoramentos. Esta ampla oferta de estudos dá unha idea da fortaleza da agrupación.

Oferta de formación de posgrao

Programa de doutoramento en Ciencia, Tecnoloxía e Xestión do Mar (DO*MAR)
Campus do Mar ofrece desde este curso un programa de Doutoramento propio con visión global e planificación plurianual, de carácter internacional e transfronteirizo, que busca atraer a estudantes de distintas nacionalidades que consideren a agregación de institucións creada en torno ao Campus do Mar como o destino preferido para formarse a nivel de máster e/ou doutoramento.

Oferta de másters

Campus Dixital para alumnos

Servizo que prové aos Alumnos do Campus do Mar de ferramentas dixitais que lles faciliten a realización das diferentes tarefas relacionadas coa súa formación e aprendizaxe.

Bolsas e axudas de Campus do Mar

Co fin de facilitar a realización de estudos de máster e doutoramento, Campus do Mar dispón dun programa propio de bolsas.

Bolsas

Consulta aquí toda a información relativa ás convocatorias de bolsas de Campus do Mar.

Premio Marine Inova Instruments

O premio Marine Instruments é un concurso que a empresa MARINE INSTRUMENTS, S.A. e CAMPUS DO MAR pon en marcha no ámbito universitario para fomentar o uso da innovación tecnolóxica entre os estudantes.

Escola Internacional de Posgrao

A escola internacional de posgrao é un elemento crave para reorganizar, estender e asentar a actual oferta de estudos de máster e doutoramento no ámbito mariño e aumentar o grao de internacionalización dos estudos.