escuela_grande

Escola Internacional de Posgrao

A escola internacional de posgrao é un elemento crave para reorganizar, estender e asentar a actual oferta de estudos de máster e doutoramento no ámbito mariño e aumentar o grao de internacionalización dos estudos, sendo este programa un instrumento esencial para a conversión do campus do mar en campus de excelencia internacional.

Obxectivo

  • Aumentar o número de estudantes estranxeiros nos
    Programas de posgrao e doutoramento.
  • Aumentar o número de teses codirixidas por investigadores de organismos da agregación.
  • Aumentar o número de teses doutorais da agrupación de investigación.
  • Aumentar o número de programas docentes conxuntos con universidades estranxeiras.
  • Conseguir que todos os programas de doutoramento obteñan o selo de excelencia.
  • Promover o intercambio de estudantes, docentes
    E traballadores con universidades nacionais e
    Internacionais.
  • Establecer a escola como referente formativo de ámbito empresarial.
  • Potenciar a visibilidade internacional do campus do mar.

Plan de acción

  • Realización de accións preparatorias para a creación da escola
  • Adecuación de infraestruturas existentes
  • Creación dun equipo de dirección
  • Creación dunha comisión de docencia
  • Organización de xornadas e congresos
  • Creación dun equipo técnico
  • Implantación dun sistema de garantía interno de calidade
  • Integración co programa de captación de talento
  • Desenvolvemento dun plan de oferta docente e académica
  • Elaboración dun plan de comunicación
  • Creación dun programa de incentivo á mobilidade de estudantes
  • Creación dun programa de axudas para estudantes estranxeiros

Descargar presentación