Internacional

Programa de Proxección exterior

Co obxectivo de promocionar a oferta do Campus fora das súas fronteiras, Campus do Mar ven de crear unha estratexia de marketing e comunicación externa do proxecto, que o posicione a nos momentos chave e nos lugares axeitados, buscando a divulgación da excelencia do Campus do Mar en temáticas mariñas e marítimas en áreas e países onde a especialización do Campus sexa unha vantaxe competitiva.

Ata o momento desenvolvéronse as seguintes misións de Internacionalización:

Cooperación para o Desenvolvemento

O programa de Cooperación para o Desenvolvemento busca o aumento da cooperación con países en vías de desenvolvemento para a execución de proxectos e accións no ámbito das competencias das entidades que conforman o Campus do Mar.

Campus do Mar participou nos seguintes proxectos de cooperación para o desenvolvemento:

Campus do Mar conta cunha oficina de acollida, para facilitar o acceso, a chegada e a estadía dos estudantes, docentes e investigadores extranxeiros e PAS, para promover a interculturalidade.

Contacta coa Oficina de Acollida