nuevas_grande

Novas liñas emerxentes

O obxectivo do programa é a creación de agregacións de grupos de investigación con masa crítica suficiente para alcanzar visibilidade, credibilidade e excelencia internacional, en áreas de investigación definidas como críticas no contexto global da comprensión do funcionamento dos océanos e a xestión sostible dos seus recursos, pero para as cales o campus do mar non posúe actualmente o coñecemento e/ou os recursos suficientes para o seu desenvolvemento.

As liñas emerxentes, que se constituirán en proxectos estratéxicos de investigación ao longo do período 2011-2015 son:

  1. Análise e modelización de sistemas complexos mariños
  2. Tecnoloxías “ómicas”: aplicacións no medio mariño
  3. Enerxía de orixe mariña