CampusMar Life - Augaventura

Información importante

  1. Poden tomar parte no programa só os membros da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS) e das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar.
  2. Período de matrícula: Segundo o grupo márcanse distintas datas límite de inscrición

  3. Procedemento de inscrición e pagamento

    1. Realizar a inscrición en www.deportes.uvigo.es
    2.  Efectuar o pagamento:
      1.  En liña, en www.deportes.uvigo.es mediante a tarxeta bancaria.
      2.  Presencialmente, nas entidades bancarias colaboradoras (Santander, Abanca e CaixaBank) presentando a folla de pago.
  4. Outras consideracións
    1. Na modalidade de ingreso por folla de pagamento haberá un prazo de 48 horas para realizalo dende o momento da inscrición. De non facelo, perderase o dereito de matrícula.
    2. Non se admitirá ningunha inscrición que non aporte toda a documentación solicitada.
    3. Non se permitirá outra posibilidade que a inscrición telemática.
    4. Todas as actividades teñen un número de prazas limitado e o sistema non permitirá realizar o pagamento bancario se as prazas xa están cubertas.
    5. Sólo se devolverán las tasas en caso de anularse la actividad o por motivos de fuerza mayor que así lo justifiquen.
    6. Para calquera dúbida ou cuestión, escribir un email a  deportes@uvigo.es.

BAUTISMO DE SURF

  • Entidade colaboradora: Prado Surf Escola.
  • Lugar de celebración: Praia Patos (Nigrán).
  • Prezos: 3€ Voluntariado Campus Mar-TDU, 5€ Resto Comunidade Universitaria.
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido).
  • Horario: de 17.00 a 19.00.
  • Transporte: non incluído.
  • Prazas reservadas: 30 máximo e 5 mínimo.
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, DNI, centro de estudo ou traballo, mail, teléfono móbil, altura, peso e data de nacemento.
  • Información complementaria: total de 2 horas de curso.

Periodicidade

Grupo

Data

Límite inscrición

1

Domingo 2 abril

23 marzo

2

Domingo 23 abril

11 abril

1.Protocolo docente:

O alumnado unha vez que chegan pola súa conta a Prado Surf Escola (Praia de Patos – Nigrán) é atendido polos técnicos encargados de impartir o curso, cunha ratio monitor alumno de 1-5. Explican os obxectivos do curso e o procedemento a seguir en cada clase: primeiro ensínanse as instalacións (vestiarios, duchas, baños), posteriormente entrégase un neopreno e unha licra a cada alumno. Unha vez vestidos coa indumentaria repártense as táboas ( tamén en función da altura e peso) e báixase á praia para comezar a clase.

O esquema  teórico – práctico de cada clase é o seguinte:

1ª Hora

Explicación do material a utilizar

Normas de seguridade na auga

Quentamento muscular e estiramentos

2ª Hora

Práctica de remada, toma de ondas tumbados

Explicación da técnica do “Stand Up”

Práctica do “Stand Up”

Ao finalizar a clase realízase unha reflexión da sesión e se procede a realizar unha foto de grupo que se enviará vía mail a cada alumno/-a.

2. Información precisa:

Os bautismos de Surf realizaranse en horario de 17.00 a 19.00 horas. O punto de encontro é a sede de Prado Surf Escola na Praia de Patos (Nigrán), é un local de madeira que está ao pé da praia, segundo se baixa pola estrada verase a man dereita, ten un rótulo no que figura: ESCOLA GALEGA DE SURF.

A ubicación exacta está no enlace:

http://maps.google.es/maps?f=q&source=embed&hl=es&geocode=&q=prado+surf+escola&sll=42.154393,-8.823255&sspn=0.005623,0.010439&ie=UTF8&ll=42.154393,-8.823255&spn=0.005623,0.010439&t=h

Así mesmo para os que utilicen transporte público para chegar á praia, a empresa que chega desde Vigo é ATSA, débese coller a liña que marca PANXON C.VIA dirección a Baiona e que sae desde a Estación de Autobuses de Vigo con paradas nas rúas Gran Vía e Florida, neste enlace pódense ver os horarios:

http://www.atsahorarios.com/entrebaivigo.php

Ó único que se debe levar é un bañador/bikini, chanclas, útiles de ducha e toalla, o resto do equipamiento pono a empresa.

FLYBOARD

  • Entidade colaboradora: Tierra y Mar.
  • Lugar de celebración: Club Náutico Raxó (Grupo 1) e Liceo Marítimo Bouzas (Grupo2).
  • Prezos: 12€ Voluntarios Campus Mar-TDU, 18€ Resto Comunidade Universitaria.
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido).
  • Horario: comezará a partir das 10.00. Indicarase previamente a cada participante a hora exacta da súa actividade. Dura 20 minutos aproximadamente.
  • Transporte: non incluído.
  • Prazas reservadas: 25 máximo e 3 mín (cada grupo).
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, DNI, centro de estudo ou traballo, mail, teléfono móbil, altura, peso e data de nacemento.
  • Información complementaria: á hora concertada o grupo terá que estar nas instalacións do Club Náutico de Raxó e do Liceo Marítimo de Bouzas, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas, a continuación comezará a práctica nunha zona próxima

Para esta actividade  traerase bañador,chanclas, toalla e útiles de ducha,  o resto do equipo pono Tierra y Mar.

É obrigatorio saber nadar e ser maiores de 18 años. Recordarlles que os instructores son titulados e as actividades realízanse baixo unha póliza de R. Civil e accidentes.

Actividade totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo, persoas con otite, persoas con luxacións de ombreiros ou xeonllos.

Periodicidade

Grupo Data Límite inscrición
1-Club Náutico Raxó Sábado 1 abril a partir das 10.00 22 marzo
2-Liceo Marítimo Bouzas (Vigo) Sábado 22 abril a partir das 10.00 11 abril

PADDELSURF

  • Entidade colaboradora: Marexada.
  • Lugares de celebración: proximidades illa de Toralla (Grupo 1) e río Lérez de Pontevedra (Grupo 2).Dificultade baixa.
  • Prezos: 10€ Voluntarios Campus do Mar-TDU, 15€ Resto Comunidade Universitaria
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido).
  • Horario: a actividade comeza ás 10.00. Dura aprox. 3 horas.
  • Transporte: non incluído.
  • Prazas reservadas: 20 máximo 12 mín.
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, dni, centro de estudo ou traballo, mail, teléfono móbil, altura e peso.
  • Información complementaria: traer chanclas, bañador, calzado pechado para mollar e toalla. O resto do material (licra, neopreno, chaleco, táboa e remos) corre a cargo da organización. Inclúe picnic (froita e auga) a media mañá.

Os participantes presentaranse ás 9.30 na praia fluvial do río Lérez, en Pontevedra, ou no parking oeste da praia do Vao, segundo o grupo, para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en paddlesurf.

A actividade consiste nunha travesía/excursión en táboas de paddlesurf.

No grupo 1 (Vao-Toralla) visitaremos a illa de Toralla, navegaremos baixo a ponte e faremos unha breve visita interpretativa do centro arqueolóxico vila romana de Toralla.

No grupo 2 (Lérez) exploraremos o seu cauce tanto río arriba rodeándonos de natureza, e río abaixo, coñecendo as pontes do río Lérez.

Periodicidade Grupo Data Límite inscrición
1-Vao-Toralla (Vigo) Sábado 22 abril a partir das 9.30 11 abril
2-Río Lérez (Pontevedra) Sábado 29 abril a partir das 9.30 19 abril

RAFTING

  • Entidade colaboradora: Arrepións.
  • Lugar de celebración: Río Miño (Arbo). Dificultade media.
  • Prezos: 10€ Voluntariado Campus Mar-TDU, 15€ Resto Comunidade Universitaria.
  • Agasallo: Arrepións agasallará aos participantes cun CD (só un para todo o grupo) coas fotos da actividade, que logo poderán os mesmos participantes encargarse de copiar e distribuir.
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido).
  • Horario: a actividade comeza ás 10.30. Dura aprox. 4 horas.
  • Transporte: incluído, se se completa un microbús de Po e Vi sairá aproximadamente  ás 9.00 dende Nakasa Interiorismo na Praza de Galicia de Pontevedra, ás 9.30 do Areal nº 52 de Vigo. Chegada a Arbo ás 10.30. Retorno ás 14.00.
  • Prazas reservadas: 40 máximo e 20 mínimo.
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, centro de estudo ou traballo, mail,dni, data nacemento, teléfono móbil, altura e peso.
  • Información complementaria: á hora concertada o grupo terá que estar nas instalacións onde nun principio se lles dará o material necesario para o desenvolvemento da mesma e unha vez preparados e acompañados cun guía, subirán 9Km no autobús que el grupo traiga, ata o embarcadoiro. Alí se lles darán as explicacións necesarias de colocación de material, remar e sobre todo de seguridade e xa se poderá descender o río o que durará aproximadamente 1.30h.  Isto dependerá do caudal nese momento. Unha vez terminado o percorrido, chegarase ás instalacións da empresa para tomar unha ducha quente e final da actividade.

Para esta actividade  traerase bañador, toalla,  tenis para mollar e útiles de ducha, o resto do equipo pono Arrepions (casco e chaleco homologado, traxe e escarpíns de neopreno de 5 mm.).

É obrigatorio saber nadar e ser maiores de 18 años. Os guías son titulados e as actividades realízanse baixo unha póliza de R. Civil e accidentes.

Cómo chegar: coller a A-52 (Autovía Ourense), unha vez pasado Porriño, rodamos uns 15 minutos, atentos á saída 291 que porá Ponteareas, As Neves, Arbo e Portugal, saímos da autovía  e seguimos á dereita, dirección As Neves, atravésase esta vila, ben polo centro ou pola súa circunvalación, e seguimos cara a Arbo, aquí entraremos na PO-400 que estará sinalizada con postes quilométricos. No Km. 15,5 xirar á dereita cara ao polígono industrial e ao final de todo, en Plásticos Carrera xa estará a empresa esperando.

Periodicidade Grupo Data Límite inscrición
1 Venres 31 marzo

22 marzo

2 Venres 21 abril          10 abril

RUTA ILLA SAN SIMÓN (Kaiak-Andaina-Snorkel)

  • Entidade colaboradora: Marexada.
  • Lugar de celebración: proximidades illa San Simón. Dificultade baixa.
  • Prezos: 7€ Voluntarios Campus do Mar-TDU, 10€ Resto Comunidade Universitaria
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido).
  • Horario: a actividade comeza ás 10.30. Dura aprox. 2 horas.
  • Transporte: non incluído.
  • Prazas reservadas: 25 máximo 20 mín.
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, dni, centro de estudo ou traballo, mail, teléfono móbil, altura e peso.
  • Información complementaria: traer chanclas, bañador e toalla o resto do material (licra, neopreno, chaleco) corre a cargo da organización. Inclúe snorkel (con gafas e aletas) nos arredores da illa.

Os participantes presentaranse ás 10.00 na Praia de Cesantes (Redondela) para o reparto de material e explicación da actividade, con introducción á navegación en kaiak.

A actividade consiste nunha travesía/excursión en kaiak pola Enseada de San Simón realizando diferentes paradas de interese entre as cales destaca: a estatua de Xulio Verne e a lenda do Nautilus, visitaremos as dependencias da Illa de San Simón a través dun percorrido guiado polas súas instalacións, na que a través dos diferentes edificios realizaremos un percorrido histórico por este recoñecido ben de interese cultural, a súa importancia para a cidade de Vigo e o seu posicionamento estratéxico nas batallas de Rande, para acabar faremos unha pequena parada nos illotes de San Bartolomé e San Norberto para realizar buceo de superficie (snorkel) e coñecer a auténtica lenda dos naufraxios de Rande.

 

Periodicidade

Grupo

Data

Límite inscrición

1

Sábado 1 abril ás 10.30

22 marzo

WAKEBOARD

  •  Entidade colaboradora: Tierra y Mar
  • Lugar de celebración: Club Náutico Moaña e Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo)
  • Prezos:. 7€ Voluntarios Campus Mar-TDU, 10€ Resto Comunidade Universitaria
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido)
  • Horario: comezará a partir das 10.00. Indicarase previamente a cada participante a hora exacta da súa actividade. Dura 20 minutos aprox.
  • Transporte: non incluído
  • Prazas reservadas: 10 máximo e 5 mín (cada grupo)
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, DNI, centro de estudo ou traballo, mail, teléfono móbil, altura, peso e data de nacemento
  • Información complementaria: á hora concertada o grupo terá que estar nas instalacións do Club Náutico Moaña ou Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo), onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas, a continuación comezará a práctica nunha zona próxima

Para esta actividade traerase bañador, chanclas, toalla e útiles de ducha, o resto do equipo pono Tierra y Mar

É obrigatorio saber nadar e ser maiores de 18 años. Recordarlles que os instructores son titulados e as actividades realízanse baixo unha póliza de R. Civil e accidentes

Actividade totalmente desaconsellada para mulleres embarazadas, persoas con patoloxías graves de costas ou pescozo, persoas con otite, persoas con luxacións de ombreiros ou xeonllos.

Periodicidade Grupo Data Límite inscrición
1-Club Náutico Moaña Domingo 2 abril a partir das 10.00

21 marzo

2-Liceo Marítimo Bouzas (Vigo) Domingo 30 abril a partir das 10.00

20 abril

WINDSURF

  • Entidade colaboradora: Tierra y Mar.
  • Lugar de celebración: Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo).
  • Prezos: 7€ Voluntarios Campus Mar-TDU, 10€ Resto Comunidade Universitaria.
  • Devolucións: só por anulación da actividade (causas meteorolóxicas, seguridade ou por non cubrirse o mínimo esixido).
  • Horario: comezará ás 16.00. Dura 2 horas e media aprox.
  • Transporte: non incluído.
  • Prazas reservadas: 15 máximo e 3 mínimo.
  • Datos inscricións: precisarase nome completo, dni, centro de estudo ou traballo, mail, teléfono móbil, altura, peso e data de nacemento.
  • Información complementaria: á hora concertada o grupo terá que estar nas instalacións do Liceo Marítimo de Bouzas, onde se lles dará o material preciso e unhas pequenas nocións teóricas, a continuación comezará a práctica nunha zona próxima

Para esta actividad  traerase bañador, toalla,chanclas, tenis para mollar e útiles de ducha,  o resto do equipo pono Tierra y Mar

É obrigatorio saber nadar e ser maiores de 18 años. Recordarlles que os instructores son titulados e as actividades realízanse baixo unha póliza de R. Civil e accidentes

 

Periodicidade

Grupo

Data

Límite inscrición

1

Martes 4 abril ás 16.00

26 marzo

Participa!

Todas as inscricións e pagamentos deberán realizarse en www.deporxest.uvigo.es e están destinadas aos membros da comunidades universitaria (Alumnado, PDI e PAS) e aos das institucións que forman parte da Agrupación de I+D do Campus do Mar.

Tes dúbidas?

Contacta con nós.

 

cforms contact form by delicious:days