banner_web

Oceántica

Proxecto educativo CTS do Campus do Mar

Oceántica é o proxecto educativo Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (CTS) do Campus do Mar. Está estruturado en cinco etapas transversais que engloban os grandes retos que a sociedade contemporánea está a demandar do coñecemento do medio mariño:

  1. Redución da pegada de carbono no océano
  2. Biodiversidade e recursos mariños para a sostibilidade e a saúde
  3. Contaminación do medio oceánico e costeiro
  4. Xestión integral do territorio oceánico e costeiro para a sostibilidade e a resposta ao cambio climático
  5. Tecnoloxías mariñas para a sostibilidade e a saúde.

Este marco conceptual transversal resultou de hibridar os ámbitos científicos e tecnolóxicos implicados no Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar, cos ámbitos propios das ciencias sociais enfocadas cunha dimensión suficientemente ampla para integrar a economía, a ordenación do territorio e a filosofía.

O armazón transversal sobre o que se deseñou Oceántica está construído para estimular a comunicación e expresión de ideas, co fin de promover neste tipo de comunicacións multimedia o desenvolvemento das principais competencias básicas. Por iso en Oceántica se promove a comunicación lingüística, artística e dixital de experiencias extraídas do desenvolvemento da competencia de coñecemento e interacción co medio oceánico e costeiro.

Contacta con nós: oceantica@campusdomar.es

>> NOVO – Publicacións OCEÁNTICA

 

faldon_oceantica_2014