Curso OCEÁNTICA: Cambio global antropoxénico no océano

mini_curso_gal

O Campus do Mar, no marco do proxecto OCEÁNTICA, en colaboración coa Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA),  organiza os días 6 e 7 de xuño de 2014 o curso “Cambio global antropoxénico no océano”. Esta acción formativa conta co financiamento da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) dentro da súa convocatoria de axudas ao fomento da cultura científica e a innovación.

O curso terá lugar no auditorio da biblioteca de Viana do Castelo. Sairá un autobús sen custo para os asistentes ás 15:30 de Santiago e outro ás 16:00 de Vigo o venres 6 de xuño.

Finalidade:

Clarificar o marco curricular transversal da etapa de cambio global do proxecto Oceántica que se concretará no seu correspondente libro didáctico.

Obxectivos:

  • Actualizar os coñecementos sobre cambio global
  •  Ampliar os coñecementos didácticos para incorporar o cambio global ao currículo
  • Analizar diferentes modelos de respostas educativas ao cambio global

Programa e cartaz do curso

 

Inscrición

A inscrición para esta xornada é de balde. Os interesados en participar deberán cumplimentar o seguinte formulario:

Os asistentes a este curso  recibirán o certificado de curso complementario da Universidade de Vigo (10 horas)

Seguimento online

O curso será retransmitido en directo a través da webTV do Campus do Mar con acceso restrinxido únicamente a aquelas persoas que se rexistrasen previamente.

As persoas interesadas en seguir o curso a distancia, a través do seu ordenador deberán inscribirse cubriendo o formulario e posteriormente enviar un correo electrónico a oceantica@campusdomar.es indicando os seus datos persoais e o seu centro para recibir as chaves de acceso á plataforma online.

Programa do curso

Día 1 (venres 06 de xuño)

tabla_dia1_gal

Día 2 (sábado 07 de xuño)

programa2_gal

Contacto: