cabecera_domar

Do*Mar

Este programa de Doutoramento proposto nace dentro do CEI Campus do Mar como a aspiración das tres universidades galegas e as do norte de Portugal (Aveiro, Minho e Tras os Montes e Alto Douro), o CSIC e o IEO, de crear unha Escola Internacional de Posgrao de Excelencia Internacional cunha oferta de posgrao con visión global e planificación plurianual, de carácter internacional e transfronteirizo, que consiga atraer a estudantes de distintas nacionalidades que consideren a agregación de institucións creada en torno ao Campus do Mar como o destino preferido para formarse a nivel de máster e/ou doutoramento.

A misión é formar aos mellores profesionais e investigadores no ámbito das Ciencias, Tecnoloxías e Xestión do Mar nos seus diferentes aplicacións económicas e sociais, que xere investigación de calidade e impacto internacional e que proporcione á industria as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade a escala global.

Obxectivos:

  • Captar aos mellores alumnos nacionais e internacionais para os estudos co obxectivo de alcanzar un mínimo do 30% de estudantes estranxeiros en 2015
  • Aumentar o número de teses doutorais do CEI Campus do Mar nun 15%
  • Promover o intercambio de estudantes, docentes e investigadores con outras universidades nacionais e internacionais

Coordinación:

Novidades:

CURSO 2014-2015

Segundo prazo de matrícula

CURSO 2013-2014

CURSO 2012-2013