sobrecampus_grande

Sobre Campus do Mar

O Campus do Mar é un proxecto liderado pola Universidade de Vigo e promovido polas tres universidades galegas, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO). Coa intención de reunir o maior potencial posible e optimizar os recursos dispoñibles, o proxecto aglutina aos axente socioeconómicos e aos grupos de investigación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal relacionados co ámbito marítimo.

O Campus do Mar aspira a se converter no dinamizador dunha rede transfronteiriza e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía. Os seus obxectivos son:

  1. Formar aos mellores profesionais e investigadores no ámbito das Ciencias do Mar.
  2. Xerar investigación de calidade e impacto internacional.

Proporcionar á industria as mellores ferramentas para mellorar a súa competitividade no mundo globalizado.