vida_grande

Vida no Campus

Campus do Mar pretende, ademais de ser un lugar emblemático do coñecemento, a aprendizaxe, a investigación e a transferencia no ámbito mariño , constituir tamén un espazo de crecemento, desenvolvemento persoal e intelectual e de convivencia. Aspectos como a sustentabilidade, a igualdade, o deporte, a cultura ou a acción social teñen unha especial relevancia neste proxecto de Campus de Excelencia Internacional.

Para iso ofrécense unha serie de actividades complementarias para o uso e goce dos membros de Campus do Mar, que favorezan o seu desenvolvemento integral, á vez que fomentar valores de convivencia, solidariedade, vida sa, cultura, deporte, etc.

Actividades de divulgación científica

Actividades de formación para investigadores

Ciclo de conferencias

Expertos mundiais nos diferentes ámbitos e temáticas das ciencias e tecnoloxías mariñas expoñen mensualmente os avances nas súas liñas de investigación no Ciclo de Conferencias de Campus do Mar. As conferencias pódense seguir de forma presencial ou en directo vía Internet a través da webTV de Campus do Mar, podendo interactuar co relator a través dunha canle de chat.

Campus Mar Life

CampusMar life é un programa de oferta recreativa, cultural e deportiva singular que busca converter o mar nun elemento presente na vida dos usuarios de Campus do Mar a través das actividades que desenvolven no seu tempo libre, potenciando a relación e a interacción co medio mariño.