Novas
Actualidade
Xoves, 14 de Outubro de 2010
A Escola Internacional de Posgrao do Mar será o elemento clave a través do que se coordinará, xestionará e impulsará a oferta formativa de mestrado, doutoramento e formación continua do Campus do Mar. Esta era xa a idea inicial e agora, logo da celebración no campus da 1ª reunión do grupo de traballo que está a pór en marcha o proxecto, están xa definidos os principais trazos que van caracterizar...
Mércores, 13 de Outubro de 2010
Con la firma de protocolos con la Región Hidrográfica del Norte y la Cámara Municipal de Viana
A Administración da Rexión Hidrográfica do Norte I.P e a Cámara Municipal de Viana do Castelo amplían desde hoxe a relación de parceiros do Norte de Portugal do Campus do Mar. Os presidentes de ambas entidades, António Guerreiro de Brito e José María Costa, asinaron este luns co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, cadanseu protocolo de colaboración a través dos que formalizan a súa...
Luns, 11 de Outubro de 2010
O estadio de Balaídos converteuse este sábado no escenario no que o Campus do Mar se deu a coñecer á sociedade e á afección viguesa nun evento multitudinario, compartindo terreo de xogo co RC Celta de Vigo no seu encontro fronte ao AD Alcorcón. Minutos antes de comezar o partido que se saldou cunha vitoria celeste por 3-0, o presidente do club, Carlos Mouriño, recibiu ao reitor da Universidade,...
Sábado, 9 de Outubro de 2010
O Campus do Mar ten xa unha canle propia de televisión, Campus do Mar Tv, a primeira pedra dun proxecto moito maior que é o Campus Dixital do Mar, un conxunto de servizos dixitais de e-colaboración, videoconferencia avanzada, teleensinanza e webTv que garanten que todo o que suceda no Campus do Mar teña tamén presenza audiovisual. Estreouse este venres e fíxoo por todo o grande cunha...
Xoves, 7 de Outubro de 2010
En dúas semanas coñeceranse os proxectos que este ano 2010 acadan a categoría de Campus de Excelencia Internacional na convocatoria realizada polo Ministerio de Educación. Unha vintena de propostas que abarcan todos os ámbitos do coñecemento optan a oito mencións que reportarán ás universidades que as acaden unha importante inxección económica ademais dunha imaxe de marca. Plenamente confiado nas...
Xoves, 7 de Outubro de 2010
O Campus do Mar segue sumando apoios ao tempo que incrementa a implicación do estudantado coa posta en marcha do concurso Marine Inova 2010, o primeiro galardón sobre innovación tecnolóxica aplicada ao medio mariño dirixido ao alumnado universitario. Co fin de impulsar conxuntamente esta iniciativa, o reitor da Universidade, Salustiano Mato, reuniuse este xoves co director de I+D de Marine...
Mércores, 6 de Outubro de 2010
O Real Club Celta de Vigo converteuse este mércores na primeira entidade deportiva en sumarse ao Campus do Mar coa sinatura dun convenio de colaboración. Para formalizar este compromiso, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, reuniuse co vicepresidente do Real Club Celta, Pedro Posada, co fin de establecer as liñas de colaboración entre ambas entidades, entre as que se inclúen...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »








