Novas
Actualidade
Martes, 5 de Abril de 2011
Tras unha primeira viaxe o pasado mes de decembro, cando se presentou o proxecto ao funcionariado galego que traballa nas altas instancias da Unión Europea, o Campus do Mar vivirá esta semana a súa presentación oficial na Comisión Europa. Será o acto central dunha viaxe que encabeza o reitor e que terá toda a semana na capital belga a unha delegación na que participan, ademáis do reitor e o...
Luns, 4 de Abril de 2011
Na súa primeira reunión definiron as pautas básicas de traballo
Foi nomeado o pasado venres e hoxe mantivo xa un primeiro encontro de traballo. O Equipo de Dirección do Campus do Mar mantivo este luns unha primeira reunión de urxencia na que empezar a determinar o Plan de Acción 2011-2012, un documento que debe ir acompañado da conseguinte proposta orzamentaria que, unha vez elaborada, será avaliada tanto polo ministerio como pola propia Xunta de Galicia....
Venres, 1 de Abril de 2011
A primeira reunión do Consello Reitor nomeou aos membros do Equipo de Dirección
Tras meses traballando arreo, hoxe comeza a vogar o Campus do Mar coa primeira xuntanza do Consello Reitor, constituído polo reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long; o reitor da Universidade de A Coruña, José Mª Barja; o presidente do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, (CISC), Rafael Rodrigo e o director...
Martes, 29 de Marzo de 2011
O enxeñeiro da Delft University of Technology de Holanda falou na súa conferencia sobre as comunicacións subacuáticas
Establecer comunicacións entre vehículos non tripulados submarinos e unha plataforma matriz situada a bastante distancia. Ese é o obxectivo dos proxectos que está levando a cabo o consorcio de investigación europeo UUV Covert Acoustic Communications, que estuda o emprego da modulación multiportadora para comunicacións acústicas submariñas. Un campo no que Geert Leus, enxeñeiro da Delft University...
Martes, 22 de Marzo de 2011
O relatorio correrá a cargo de Geert Leus, profesor da Delf University of Technology (Holanda)
O ciclo de conferencias de Campus do Mar acolle o vindeiro martes 29 de marzo o seu segundo relatorio, neste caso sobre comunicacións submariñas a cargo do profesor Geert Leus. A cita será no salón de graos da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación do campus de Vigo ás 12:30, aínda que tamén se poderá seguir en directo a través de Internet na webTV do Campus do Mar (http://tv.campusdomar.es dende...
Mércores, 16 de Marzo de 2011
Porto e Universidade asinan un convenio co que achegar o traballo do Campus de Excelencia ao tecido empresarial
Establecer a folla de ruta e trazar o calendario de traballo para os seguintes meses. Ese será o cometido do Consello Reitor do Campus do Mar, que será nomeado a finais deste mes e que estará composto por representantes dos cinco impulsores do Campus de Excelencia: as tres universidades galegas, o CSIC e o Instituto Español de Oceanografía. Un nomeamento que porá en marcha toda a maquinaria do...
Venres, 25 de Febreiro de 2011
Foi galardoado co premio Promoción outorgado pola revista económica Capital
O Campus do Mar vén de recibir un novo recoñecemento, desta volta o premio Promoción, outorgado pola revista económica Capital. No acto de entrega, celebrado no Porto de Vigo, o reitor Salustiano Mato, que recibiu o galardón da man de Pilar Rojo, presidenta do Parlamento Galego, salientou a importancia deste recoñecemento, xa que supón que “o mundo da economía, as publicacións especializadas,...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »








