transferencia

Transferencia

Transferencia de tecnoloxía e resultados de investigación

Este programa ten como obxectivo deseñar e desenvolver un marco de actuación para a función de transferencia no complexo mar-industria. a experiencia, capacidade e recursos especializados das institucións que configuran a agrupación de i + d do campus do mar, constitúen unha oportunidade para facer que este eixo estratéxico de transferencia sexa unha das principais fortalezas, asegurando que o programa a desenvolver está en sintonía cos requisitos da convocatoria cei 2010, co plan director de transferencia do coñecemento eu2015 e coas políticas de innovación das diferentes administracións e os seus programas instrumentais

Fomento da cultura emprendedora

O programa de fomento da cultura emprendedora para a identificación, promoción, orientación e creación de empresas de base tecnolóxica, é unha iniciativa asociada ao eixo estratéxico de transferencia para trasladar á sociedade os resultados das investigacións nas súas áreas de especialización. para conseguir esta meta, promoverase a creación de empresas de base tecnolóxica (ebts) xurdidas da actividad investigadora. o programa sea emprende abarca as seguintes liñas de actuación:

  1. Divulgación do “Sea Emprende”
  2. Creación do sea fund e do club de inversores, fondo de capital de risco especializado en ciencias e tecnoloxías do mar e club de investidores para dinamizar o investimento privado e público en iniciativas de base tecnolóxica.
  3. Formación de emprendedores
  4. Incubadora virtual-apoio integral á creación de ebts